Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sete millóns para promocionar o turismo e o Xacobeo ata 2023

A comunidade leva acumulados neste ano 3,2 millóns de viaxeiros e 7,1 de noites //‘Camiña a Galicia’ pretende potenciar o destino seguro e dar apoio ao sector

Case que sete millóns de euros destinará a Xunta de Galicia ao proxecto de promoción do turismo galego e do Xacobeo co obxectivo de achegar a diferentes segmentos da poboación a mensaxe dun destino seguro e atraer visitantes ao longo dos anos 2022 e 2023. O plan servirá de continuidade á campaña Camiña a Galicia, que contribuíu a acadar bos resultados turísticos neste ano.

Cando xa se teñen rexistrado máis de 174.000 peregrinos ao longo do ano 2021, superando as previsións de 140.000 para todo o ano, e cando os rexistros turísticos de Galicia do pasado verán constatan a recuperación dos niveis de ocupación anteriores ao 2020 e mesmo un incremento, a Xunta lanzará con weses 6,9 millóns de euros esta gran campaña de promoción para promover o segundo ano do Xacobeo 21-22, potenciar Galicia como destino seguro e apoiar o sector turístico galego.

Así, o balance da actividade turística en Galicia evidencia, non só un progresivo regreso á normalidade, no que aos niveis de oferta dispoñible e de demanda se refire, se non que se recupera de tal maneira que se superan, por riba, as cifras do pasado ano e, nalgúns casos concretos, os niveis de 2019, previos á pandemia. Isto reflíctese nas grandes magnitudes de afluencia turística e de comportamento dos diferentes mercados emisores.

En setembro, consolidouse o ritmo de recuperación do verán: preto de 460.000 viaxeiros aloxados e case 933.000 noites. No acumulado do ano, Galicia leva rexistrados 3,2 millóns de viaxeiros e 7,1 millóns de noites.

Estes datos da reactivación do turismo e do Camiño son resultado do traballo levado a cabo pola Xunta tanto coa campaña Camiña a Galicia ou coa posta en marcha de medidas para recuperar a confianza dos viaxeiros, como o seguro coronavirus e a implantación dos protocolos anticovid nos establecementos turísticos, nas rutas xacobeas e nos albergues.

Con estas premisas e tendo en conta que o Ano Xacobeo aínda se estenderá a 2022, a Xunta quere seguir incentivando a demanda de visitantes e peregrinos cara a Galicia e postular o desenvolvemento da recuperación da actividade económica relacionada coa hostalaría e co sector turístico.

Por todo isto, proponse o desenvolvemento dunha grande acción de comunicación do destino Galicia e do Camiño de Santiago que sexa quen de alcanzar o meirande número de público que lle permita a Galicia posicionarse coma un dos mellores lugares para visitar no vindeiro ano.

O período de execución deste plan prolongarase durante 12 meses entre os anos 2022 e 2023. Mentres o acordo marco ten unha vixencia ampla, prevense cinco fases da campaña de impacto autonómico e nacional centradas no Xacobeo 21-22; nas tempadas de verán e outono do próximo ano e na de primavera de 2023; e unha parte interna dirixida a concienciar sobre a necesidade de dar unha boa acollida aos visitantes durante o Ano Santo.

adxudicación
Procedemento aberto

··· A adxudicación realizarase por un procedemento aberto e adxudicarase aos tres licitadores que acaden a maior puntuación. Posteriormente, estes licitadores competirán presentando as súas ofertas para poder seren adxudicatarios en cada un dos contratos que deriven das distintas campañas específicas.

··· As campañas incluirán anuncios en televisión, radio, prensa, revistas e edicións dixitais; así como en exteriores, a través de soportes urbanos ou autobuses. Este acordo marco incluirá os custos da estratexia, investigación, planificación, execución, xustificación e avaliación das campañas en medios de comunicación.

El Gobierno destina cien millones a la Estrategia de Experiencias
Busca impulsar los destinos vacacionales clásicos, además de otros como el cultural

Madrid. La ministra de Industria, Comercio y Turismo, Reyes Maroto, presentó ayer la Estrategia de Creación, Innovación y Fortalecimiento de Experiencias Turismo España, un nuevo programa turístico que contará en los próximos tres años con un presupuesto de 100 millones de euros.

En un acto con el sector en el Museo del Traje de Madrid, Maroto explicó que los primeros 20 millones se liberarán en breve, una vez que los agentes presenten proyectos en el marco de esta estrategia, que busca impulsar los destinos vacacionales clásicos, como el sol y playa, pero también otros como el turismo de gastronomía, cultural, de ocio, o el religioso, entre otros.

Este programa es parte del Plan de Modernización y Competitividad del Sector Turístico financiado con los fondos de recuperación Next Generation EU.

El objetivo general de la Estrategia es fortalecer las redes de actores que trabajen en la creación o adaptación de experiencias en todo el país y aumentar y mejorar las experiencias turísticas que pongan en valor el patrimonio material e inmaterial para su promoción internacional.

Con esta estrategia se persigue además diversificar y desestacionalizar el turismo, con nuevos productos. efe

25 nov 2021 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.