Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Siro López recibe o premio de columnismo José Luis Alvite

“É inmortal”, sinalou o presidente Núñez Feijóo da súa obra nun acto promovido pola Asociación de Periodistas de Galicia

Siro López recibiu onte o Premio José Luis Alvite, concedido pola Asociación de Periodistas de Galicia, APG, “como recoñecemento á sua traxectoria profesional como ensaísta, humorista gráfico, caricaturista e articulista, desde a que creou escola e unha lexión de seguidores”.

O acto de entrega do galardón, celebrado na sede da ONCE en A Coruña, estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa asistencia, entre outros, do presidente de la Diputación Provincial de A Coruña, Valentín González Formoso. Manolo Rodríguez, vicepresidente da APG, presentou a laudatio do premiado.

Núñez Feijóo afirmou que os galegos do futuro terán na obra de Siro unha guía fiel para entender a Galicia que esperta á democracia e o autogoberno. “É inmortal”, sentenciou, engadindo que a través do humor, galegos de épocas distantes poden atoparse e compartir un xeito de ver a vida que se transmite de xeración en xeración.

A presidenta da APG, María Méndez, pola súa banda, salientou o significado do acto “medido polas circunstancias, pero co mesmo agarimo posto en anteriores edicións”

No seu discurso de agradecemento, Siro López explicou as razóns da ilusión que sinte ao recibir esta distinción “por ser un premio que me conceden os colegas xornalistas sen optar a el, sen competir con ninguén, sen concursos”. Destacou tamén o feito de que se lle concede por unha actividade profesional que ata 2017 foi secundaria na súa carreira, “antes fixera caricatura política, caricatura persoal, humor gráfico e sempre o debuxo fora o máis importante. Agora non. En Puntadas sen fío o importante é o texto e o secundario é o debuxo”. Rematou falando da estreita relación que tivo con Alvite, “meu querido amigo e admiradísimo colega”, dixo, con quen traballou en equipo facendo a última páxina de Diaro 16, de 1996 a 1998. Despois, virían outras colaboracións. Esta distinción foi creado para lembrar o mestre José Luis Alvite, columnista que asinou moitos artigos nas páxinas de EL CORREO.

26 sep 2020 / 00:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.