Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sontag

    O personaxe de Susan Sontag é un dos más aditivos de todo o século XX, a última gran estrela literaria de Norteamérica, porque como intelectual poucas persoas posúen a súa categoría nos eidos nos que traballou: novela, filosofía, ensaio, guionista e directora de cine. Benjamin Moser, especialista en Clarice Lispector, vén de publican unha longa biografía da intelectual americana, que se fixo merecedora do Premio Pulitzer de Biografía 2020. O seu libro é sen dúbida a última palabra sobre Susan Sontag por cousa do seu coñecemento do tema, pola prosa fermosa e pola súa capacidade para mergullarse nas motivacións da intelectual americana. Filla de xudeus estadounidenses e orfa aos cinco anos. Sete anos máis tarde, a súa nai casa con Nathan Sontag do que adoptou o apelido. Graduada ou con estudos nalgunhas das máis prestixiosas universidades de América e Europa, aos dezasete anos casa con Philip Rieff, tras un noivado de dez días. A parella tivo un fillo e no anos 1958, o matrimonio acabou en divorcio. Desde entón Susan optou por relacións sentimentais de natureza lésbica ou bisexual.

    Mais o que Benjamín Moser salienta no seu libro é a traxectoria intelectual, moitas veces conflitiva, de Susan Sontag, nomeadamente a súa exploración entre a distancia que hai entre a realidade humana artística e cultural e a nosa interpretación desa realidade. Como mostra o seu libro Against Interpretation and Other Essays (1966). S. Sontag sempre tivo a conciencia de que cumpría pensar desde outro punto de vista. Por ese motivo as súas ideas aparecen nalgún intre como radicalizadas. A súa obra narrativa na que cómpre citar The Volcano Lover (1992) ou In America (1999) está gobernada por esta máxima: “Vivo a escritura como algo que me ten dado, por veces coma un ditado. Deixo que agrome. Intento non interferir na mesma”. A obra de Moser non é porén unha biografía intelectual de signo favorable. O autor presenta unha serie de cargos e apelación, en especial contra o seu ensaio Regarding de Pain of Others (2003), no que imputa a Sontag ter posto a súa dor ao servizo da militancia feminista; en segundo lugar non ser “honrada” ou “sincera”. Pouco máis podo dicir na sobriedade destas liñas dun libro de 800 páxinas no que B. Moser se achega aos aspectos más conflitivos da intelectual fenecida en 2004.

    30 sep 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.