Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tamar Novas, estrela do Festival de Cans

Marisol González e Celso Bugallo, outros dos galardoados deste ano no evento de O Porriño

A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, decidiu otorgar os seus chimpíns de prata honoríficos desta edición á veciña de Cans e acordeonista Marisol González e ao actor Tamar Novas.

Estes chimpíns, que levan os nomes dos lembrados veciños Divina Campos e Pepe Puime, concédense a persoas que destaquen na súa aportación na celebración do festival ou pola promoción e difusión do mesmo.

Marisol González, que comezara a tocar o acordeón nos anos oitenta na formación familiar “Os Catro Ventos”, recuperou hai poucos anos a práctica deste instrumento, para converterse nun referente na aldea, unha das almas do tradicional roteiro sonoro e mesmo compositora, co profesor Alex Balbuena.

O nome de Marisol González sumarase este ano ó de outros veciños xa homenaxeados no coñecido Muro dos chimpíns.

Pola súa banda, o actor Tamar Novas, actor de Santiago, é un asiduo do Festival de Cans desde as súas primeiras edicións. Novas ten participado en máis dunha dunha ducia de filmes e numerosas curtametraxes, algunhas das cales pasaron polo Festival de Cans. Novas ten destacado por xogar un imprescindible papel de apoio ó festival no sector cinematográfico e no seu impulso constante nas redes sociais, onde cada ano visibiliza o seu apoio incondicional ó Festival de Cans.

Presentación das memorias de Celso Bugallo nos Coloquios Fundación AISGE, polos que pasarán Federico Pérez, Camila Bossa, Isabel Blanco ou Sabela Hermida

Novas será ademais o encargado de manter un coloquio co veterano actor Celso Bugallo, que presentará no Festival de Cans as súas memorias, impulsadas pola Fundación AISGE, entidade que protexe os dereitos de actrices e actores.

Ambos intérpretes coñecéronse en 2004 no filme Mar Adentro de Alejandro Amenábar, que lles valeu senllos Goya, e o Festival promoverá este diálogo interxeneracional.

Ademáis do Goya por mellor actor de reparto por Mar Adentro, en 2005 foi galardonado co Premio Pedigree de Honor en Cans, parte dunha salientable carreira no cinema, na tele e no teatro

31 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito