Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teatro nas aulas co Premio Edebé Xuvenil

Pablo Gutiérrez (Huelva, 1978) mereceu o último Premio Edebé de Literatura Xuvenil por A Síndrome de Bergerac. Unha comedia heroica, publicada por Rodeira na colección “Periscopio” dirixida, segundo á editorial, á mocidade, aínda que chega a calquera público lector.

Esta comedia heroica, como se subtitula, é unha homenaxe á necesidade do teatro na vida, xa que o teatro, como dixo Federico García Lorca, é un bo barómetro da sociedade. Nela tamén se homenaxea o esforzo e implicación dun grupo de rapazada dun instituto que, removida por unha profesora, consegue, coa complicidade e implicación do profesorado e outros membros do centro, realizar unha obra dramática a partir dun nariz, xa mitolóxico, como se anuncia no paratexto titular. Unha voz narrativa potente relata as peripecias dos actores-protagonistas e consegue mostrar moitas das súas inquedanzas, como o farán as persoas que lean a obra.

m.fboo@udc.es

21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.