Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teófilo Edicións publica un novo mapa do xeógrafo galego Domingo Fontán

cartografía. A empresa galega Teófilo Comunicación a través da día liña editorial (Teófilo Edicións) ven de editar o seu terceiro traballo adicado ao ilustre matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Esta vez un plano do país adxacente ás rías da Coruña, Betanzos e Ferrol, chamado das Mariñas.

Seguindo o memos formato e facendo unha elección de papeis e tintas exclusivas, o editor compostelán volta de novo a homenaxear a memoria dun dos galegos máis insignes da nosa terra.

A obra deste matemático e xeógrafo ten unha presenza especial nos fondos de Teófilo Edicións, tamén podemos atopar Domingo Fontán-Carta Geométrica de Galicia 1817-2017, un libro que está feito con todo o agarimo que merece o seu protagonista, unha edición na que foron seleccionados os mellores papeis, os mellores fíos e tintas para garantir 1.000 primaveras da súa existencia, para que as próximas xeracións sigan coñecendo a un dos grandes galegos. A editorial completa o proxecto cunha reprodución da fermosa Carta Xeométrica de Galicia contida nun búcaro cun elegante deseño.

Tamén publicou Plano da Ría de Arousa de 1828, unha coidada edición, na mesma línea de todos so traballos que realiza esta recoñecida editorial compostelá. ECG

19 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.