Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teófilo edita ‘Os galegos ilustres de Bonaval’

homenaxe. A edición Os galegos ilustres de Bonaval nace como unha homenaxe aos ilustres galegos que repousan en San Domingos de Bonaval, os mesmos que representan a esencia do traballo e simbolizan o valor da procura permanente do mellor para Galicia. As súas vidas e as súas historias están cheas de mensaxes que debemos descifrar.

Esta edición pretende honrar a memoria dos que descansan no templo do galeguismo, no santuario da galeguidade, dar a coñecer unha pequena biografía que axude a todos os galegos e galegas a achegarse aos nosos ilustres, que son un referente non só en Galicia senón que tamén en España, en Europa e en América Latina.

Fontán, Rosalía, Brañas, Cabanillas, Castelao e Asorey non deixaron unha pinga de suor sen derramar antes de partir para o Ceo de Breogán, onde comparten o seu amor polo noso e os nosos con outros galegos e galegas que nos deixaron o mellor de si.

É esta unha aposta persoal do editor dentro do compromiso que vén mantendo ao longo da súa traxectoria co pobo, coa Terra e coa fala; un pequeno gran de area para lembrar sempre a quen tanto nos deixaron ao seu paso por esta Terra máxica henchida de feitizo e que defenderon ata o derradeiro alento das súas vidas.

Ilustres galegos de San Domingos Bonaval, orgullosos de pertencer a Galicia. ecg

22 oct 2021 / 17:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.