Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Todo o proceso das obras da Catedral de Santiago verase esta noite na TVG

O programa ofrece imaxes do templo compostelán dende diferentes perspectivas

Con motivo da finalización das obras dentro da Catedral de Santiago, de restauración das zonas da capela maior, o altar e as capelas da xirola, así como da Porta Santa e os transeptos norte e sur e o ciborio, a Televisión de Galicia puxo en marcha hai uns meses un ambicioso proxecto de gravación de todo o proceso para documentar os cambios e o desenvolvemento das obras.

Este proceso culmina en parte agora, neste mes de decembro, coa emisión de varias reportaxes no programa Vivir Aquí e cun especial que se emitirá hoxe pola noite, titulado Descubrindo a catedral, dirixido por Xulia Campo.

Neste proxecto audiovisual que está desenvolvendo a TVG en exclusiva, de máis de 30 horas de gravación que seguirán aumentando, estanse empregando os mellores medios, incluído un dron que permite recoller imaxes moi de preto das altas bóvedas da Catedral, que van abraiar polo resultado da súa restauración e lles van permitir aos espectadores ver o interior da catedral como nunca antes. Tamén se mellorou a iluminación para que se realcen os traballos de recuperación realizados.

O obxectivo de Descubrindo a catedral é amosar como lucirá a partir de agora o templo compostelán, nun momento en que as visitas se ven moi reducidas polas restricións que impón a pandemia do coronavirus. Por esta razón, a TVG será os ollos polos que todos poderán apreciar o traballo feito estes anos e as dificultades que supuxo realizalo.

29 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.