Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tributo a José Luis Cuerda no festival OUFF de Ourense

A xornada comezou coa instalación dunha placa en honor do cineasta na Praza Maior, onde se rodou ‘Los girasoles ciegos’

Non podía ser doutra forma. O 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense tiña que renderlle homenaxe ao director José Luis Cuerda e hoxe foi o día escollido. A xornada de onte comezou coa instalación dunha placa en honor do cineasta na esquina da Praza Maior coa rúa das Tendas, lugar especialmente significativo onde se rodou Los girasoles ciegos.

No acto interviñeron o presidente da Deputación, Manuel Baltar, xunto co director do festival Miguel Anxo Fernández e Elena Cuerda, filla do cineasta. Baltar reinvidicou “a figura de Cuerda como un dos grandes directores da historia do cine español, para quen Ourense foi a súa patria electa”. Para o presidente provincial esta homenaxe quere destacar a figura do cineasta de Albacete “neste Ourense que el enseñou ao mundo a través da gran pantalla”.

“El cine surge de la cabeza de uno mismo, me proponen y yo elijo, aunque para ser exactos casi siempre soy yo el que hace la propuesta”.

Baltar recordou así unha das frases características de Cuerda que exemplifica a súa visión do cine e que nos fixo “disfrutar de Ourense grazas ás súas obras (A língua das bolboretas (1999, Allariz), Primer amor (curta rodada en Cabanelas no Concello do Carballiño) e Los girasoles ciegos (Goya ao mellor guión adaptado en 2008 que pode verse na exposición 25 anos de cine no Centro Cultural Marcos Valcárcel).

Remarcou que o que buscamos “é que Ourense teña sona e visibilidade dentro da traxectoria do cine galego, que non se entende sen Ourense; un Ourense ao que lle quedan moitas páxinas por escribir da historia do cine, xunto con este festival que hoxe lembra a José Luis Cuerda, nesta xustísima homenaxe de quen foi un escalón proverbial para que hoxe esteamos aquí falando de cine”, afirmou Manuel Baltar.

Miguel Anxo Fernández, director artístico do OUFF quixo facer unha semblanza da figura do cineasta lembrando un dos seus traballos máis representativos. “O bosque animado reflectiu unha Galicia non tópica, unha Galicia digna, máxica”, asegurou.

Elena Cuerda, filla do cineasta, quixo agradecer en nome de toda a familia o recoñecemento aseverando “que estoy segura estaría encantado de vernos aquí hoy a todos juntos”. Así lembrou o “apego” que Cuerda tiña ao Festival de Cine de Ourense no que participou en diferentes ocasións ao longo destes 25 anos e o seu afecto a unha terra na que decidiu levar a cabo o seu proxecto vinícola en Gomariz. “Adoraba Galicia, él decía que por contraste, le interesaba, sobre todo, la Galicia fluvial y adoraba a sus gentes que decía eran grandes oradores”, destacó.

O festival ainda ten moito por diante cunha programación que remata o domingo.

01 oct 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.