Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

TVG, líder de audiencia en Galicia e tamén entre as canles autonómicas

Acada de luns a venres un 19,2 % de cota de pantalla, e o 18,3 %
de luns a domingo

Santiago. Televisión de Galicia (TVG) segue a ser líder de audiencias en Galicia, segundo a primeira onda do Estudo Xeral de Medios deste 2021, coñecida onte, cun liderado tanto de luns a venres, cun 19,2 % de cota, como se se analizan os sete días da semana (18,3 % de luns a domingo).

Analizando a cota de pantalla en comparación coa última de decembro de 2020, o incremento é do 26,2 % de luns a domingo e do 28,9 % de luns a venres.

A Galega comeza o día liderando os informativos.

Desde o inicio do Bos días, a TVG acada en toda a faixa matinal de 8.00 a 13.30 h un 20,4 % de cota, superando en 8,7 puntos o seguinte competidor, (A3, cun 11,7 %).

E o liderado segue na faixa do mediodía.

O EXM sinala que a franxa da sobremesa da canle pública (13.30 a 17.00 horas) chega a unha cota media de ata o 32,9 %, 20,4 puntos por riba do seguinte competidor, (A3, cun 12,5 %).

Os espazos Galicia noticias e o Telexornal mediodía, que alcanza a cota do 51 % entre as 14.30 e as 15.00 horas, conforman este bloque de actualidade “líder indiscutible en Galicia”, sinala a canle pública galega na súa nota de prensa.

E o liderado segue pola tarde. O Telexornal serán, desde as 21.00 horas, tamén é líder absoluto de audiencia, cun 23,8 %, cinco puntos por diante do segundo (Antena 3, cun 18,8 %) e triplicando o terceiro (La 1, cun 8,1 %).

A partir dese momento, o entretemento da noite faise tamén o líder indiscutible en Galicia, ata a unha da madrugada, con faixas do 21 % e sempre por riba dos dous díxitos. Desde o principio da pandemia, hai xa un ano, os medios públicos galegos reenfocaron o seu labor informativo e de entretemento para dar resposta a unha situación sen precedentes, en que a sociedade demandaba unha resposta tamén sen precedentes, á que se sumaron os traballadores da televisión e da radio galegas.

Sempre mantendo as medidas necesarias para garantir a saúde dos seus traballadores tanto dentro como fóra das sedes da CRTVG, a Corporación reorganizou os seus recursos, humanos, loxísticos e técnicos e a audiencia respondeu con máis fidelidade tanto ao longo de 2020 coma neste comezo de 2021.

As emisoras públicas da Radio Galega, con 284.000 oíntes, acadan o seu máximo histórico nesta primeira onda do EXM do ano.

En resumo, o Estudo Xeral de Medios confirma un incremento do 28,9 % de cota de luns a venres da Televisión de Galicia, canle que lidera a Forta agora mesmo. eCG

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.