Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un álbum ilustrado para atrevernos a ser diferentes

Xerais engade ao seu catálogo unha nova colección de álbums ilustrados escritos por O Hematocrítico (A Coruña, 1976) xunto coas ilustracións de Alberto Vázquez (A Coruña, 1980). A colección, “Os Hematiños”, leva xa dous títulos publicados neste 2021: O meu irmono e Un can.

Este último é un álbum ilustrado destinado a alumnado de educación infantil que, en clave de humor, reivindica o dereito a ser diferente. Texto e ilustracións preséntanse como un conxunto indivisible para a interpretación da mensaxe que a historia nos pretende transmitir. Moncho, que nas imaxes vemos como unha esponxosa ovella rosa, é un can. É un can porque vive nunha casiña de can, porque se alimenta como tal e porque os seus amigos tamén o son. Incluso ten un traballo de cans, e é que se dedica a coidar ovellas. Con todo, aínda hai quen non recoñece a súa identidade canina, mais Moncho, que é de armas tomar, demóstralles que as aparencias enganan e que o que de verdade importa é actuar en consecuencia aos nosos valores.

O Hematocrítico e Alberto Vázquez preséntannos á ovella que se afasta do rabaño para ser can, un conto que nos amosa que se pode ser diferente con total naturalidade. O can Moncho ensínalles aos lectores a concibir unha imaxe de si mesmos, identificando as súas características persoais. Isto é, supón un pulo para a toma de conciencia da identidade propia e o recoñecemento das características que a definen.

Unha lectura para o desenvolvemento de valores de respecto cara as demais persoas, sen actitudes de discriminación e valorando a os trazos distintivos que nos definen como individuos nunha sociedade do máis heteroxénea. Unha divertida proposta para que pequenos lectores en proceso de construción do seu autoconcepto vaian tomando conciencia do seu dereito á autenticidade totalmente libres de prexuízos.

inesmosquerac@gmail.com

05 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.