Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unelibros estrea o seu novo formato dixital

    Santiago. Baixo a coordinación do director do Servizo de Publicación da Universidade de Santiago (USC), Juan L. Blanco Valdés, o boletín semestral da UNE, Unelibros, estrea o seu novo formato dixital baixo a denominación Unelibros Blog.

    Este novedoso boletín leva parello unha remodelación do deseño, estrutura temática, soporte tecnolóxico e a busca de contidos, entre outras cuestións.

    Como explica o seu director Juan Blanco, “trátase dun medio aberto, interactivo e cooperativo que invita á participación de toda a comunidade universitaria”.

    O número inaugural incorpora na sección sección Un libro, una historia a obra La narrativa de Delibes, publicado no selo USC Editora, do profesor da misma entidad académica Alfonso Rey. A revista ofrece, ademais, a subscrición á Newsletter do Blog.

    Blanco Valdés é director de Unelibros desde o ano 2014, periodo no que viron a luz unha quincena de números impresos.

    E o responsable destaca que a nova canle dixital, aberto, cooperativo, interactivo e multimedia, que recolle a testemuña dunha traxectoria informativa do sector dinámica e rigorosa. redacción

    01 may 2021 / 00:47
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito