Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha curta galega dirixida por Pablo Millán salta á escena internacional en varios festivais

Este mes estréase no 44 Festival Internacional de Moscova a través de selección oficial fóra de competición

    Santiago. A curtametraxe galega ETC., comenza a súa andaina en prestixiosos festivais internacionais. Este mes estréase no 44 Festival Internacional de Moscova na selección oficial fóra de competición. O prestixioso festival é o máis antigo do mundo despois do festival de Venecia, inaugurouse no 1936 e Segei Einsenstein formaba parte do xurado. O festival celebrarase do 26 de agosto ao 2 de setembro.

    Tamén participará no 38 Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín Interfilm, un dos festivais especializados en formato curtametraxe máis importantes do continente europeo. Proxectarase dentro do evento Interfilm Sound & Visions, neste evento especial se proxectarán exclusivamente dez curtametraxes, o son interpretarase en vivo diante da pantalla por músicos e bandas da escena musical berlinesa o 19 de novembro no emblemático teatro Volksbühne en Berlín.

    En Norteamerica foi seleccionado na serie de proxección mensual HollyShorts en Los Angeles. “ETC.” proxectarase nos famosos TCL Chinese 6 Theatres en Hollywood. HollyShorts Monthly Screening Series é unha proxección mensual das mellores curtametraxes e longametraxes de todo o mundo en Los Angeles e New York. As datas aínda non están anunciadas.

    ETC. xa fora incluído como un dos semifinalistas da pasada edición do prestixioso Flickers’ Rhode Island International Film Festival en Estados Unidos. Foi valorada polos xuíces polo que é considerada para futuras iniciativas de programación do festival.

    A curtametraxe está dirixida por Pablo Millán, interpretado por Jorge Sieiro e producido por Ana Lombao e Pablo Millán. Foi gravada en Compostela, de aproximadamente 6 minutos onde se mistura imaxe real e animación. A narración ten tintes expresionistas e trata da rutina en ton satírico. Se mostra un home que vive atrapado nunha rutina sen vontade propia. ECG

    27 ago 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito