Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha monografía destaca a Galicia no tempo de Afonso X

No CCG falaron desa obra Simon Doubleday, Diana Pelaz e máis Henrique Monteagudo

No día en que se cumpren 800 anos do nacemento de Afonso X (Toledo, 1221-Sevilla, 1284), o Consello da Cultura Galega (CCG) presentou este martes a monografía encamiñada a desmontar tópicos sobre a relación do monarca con Galicia e, sobre todo, para repensar o paradigma tradicional da historia de Galicia na Baixa Idade Media.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou que o volume Galicia no tempo de Afonso X era un empeño da institución en achegar á sociedade unha contribución científica que permite “visibilizar o esplendor cultural da Galicia medieval”. Simon Doubleday, cunha intervención gravada, e José Miguel Andrade, incidiron en que o libro que editaron achega novas lecturas sobre un rei que “nunca pisou Galicia pero que si mantivo unha forte relación coa historia e a cultura galega”. A presentación contou tamén coa participación de dous autores como Henrique Monteagudo, que puxo de relevo o papel do galego no proxecto cultural do rei; e Diana Pelaz, que destacou o papel das mulleres rexias neste período.

Estre coidado volume pretende, da man de destacados especialistas de ámbitos diferentes como a lingua, a historia ou a arqueoloxía, poñer en tela de xuízo o declive político e cultural que tivo Galicia na etap da Baixa Idade media e, nomeadamente no reinado de Afonso X.

“O paradigma dominante nos estudos medievais considera que o ano 1230, é o do comezo da marxinación política de Galicia. É entón cando con Fernando III, pai do Sabio, se produce a unión dos reinos de Galicia-León e Castela. Unha marxinación que, sempre dentro desta visión tradicional, non faría mais que medrar na época de Afonso X, pero non é verdade” asegurou José Miguel de Andrade que editou este texto xunto con Simon Doubleday, un dos grandes expertos da Iberia Medieval e autor dunha recoñecida monografía sobre Afonso X.

Nove estudos poñen en evidencia o poder que tivo Galicia nese período de tempo.

24 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.