Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha pequena inuit para unha educación máis ambiental

A literatura infantil é unha gran aliada para difundir as inquedanzas da educación ambiental, xa que exerce de axente sensibilizador para que nenos e nenas acaden un compromiso emocional e actúen en consecuencia.

Unha interesante proposta literaria para inculcar conciencia ambiental atopámola en Akna. Os mariñeiros da terra de xeo, título que se suma á colección Álbum da Editorial Galaxia. Escrito por Peio Lopez-Iturri e traducido ao galego por Sandra Torrón Varela, este álbum conta coas coidadas e realistas ilustracións de Irati Merino Petralanda.

A protagonista, Akna, unha curiosa nena inuit, amosará aos lectores o respectuoso modo de vida do seu pobo. Acompañándoa, poderase apreciar o diferente xeito no que a natureza trata a aqueles que a coidan fronte a aqueles que a maltratan. Unha entrañable historia coa que transmitir aos máis pequenos valores de respecto, coidado e defensa do medio natural.

inesmosquera@gmail.com

21 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.