Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Uso elevado das TIC en Galicia, máis na cativada segundo un estudo do CCG

Aumenta o número de fogares que conta con ordenador, así como as conexións a internet

    Santiago. Un 78,7 % dos fogares galegos conta con algún tipo de ordenador, un 93,3 dispón de acceso a Internet e un 52,3 % da poboación galega mercou algo na rede”, di nas conclusións o informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega segundo os datos da Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y Comunicación en los Hogares. Con todo, aínda que os datos son moi positivos, son porcentaxes lixeiramente inferiores á media estatal.

    Un equipamento que a poboación galega usa para comunicarse, enviar e recibir mensaxes e correo, ou estar informado (ler noticias, xornais ou revistas).

    O estudo constata que se triplicou o uso das videochamadas en 2021 e que operacións bancarias por internet ocupa o sexto lugar de uso dos galegos (cun 74,9 %), moi por riba da media (69,4 %).

    O documento tamén constata a importancia da idade no uso das TIC: o 90,7 % da rapazada galega de entre 10 e 15 anos utilizou o ordenador en 2021, un 96,5 accedeu a internet e un 58,7 ten móbil. Ese uso mantívose estable nos últimos 5 anos, con taxas que superan o 95 %. Hai indicadores que amosan en 2021 unha baixada da taxa de nenos con móbil (reduciuse en 11 puntos con respecto a 2017 e 6 a 2020) e no uso do ordenador nos últimos tres meses.

    O móbil (44,7 %) é o principal dispositivo de acceso a internet, seguido do ordenador fixo (27,2) e do portátil (23,4 %). O exceso de publicidade, a falta de seguridade, a velocidade ou a confidencialidade, os principais problemas.

    Hai un uso intenso das redes sociais. “Un 84 % das persoas que residen en Galicia accederon a algunha rede social o día anterior a seren enquisados”, conclúe o estudo.

    Ver filmes e series en liña está entre as actividades máis realizadas polos usuarios galegos, despois de consultar a previsión meteorolóxica, ou ler noticias de actualidade.

    A televisión e a radio se consomen máis polas canles tradicionais. Non acontece así coa lectura de xornais, xa que a preferencia é a facelo en liña. Con todo, seis de cada dez internautas galegos continúan lendo o xornal en papel, superior á media. ecg

    01 jul 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito