Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vanesa, protagonista de ‘48 horas para o si’

Tras cinco anos de relación e dous fillos, pedirá a Roberto, militar e ‘stripper’, en matrimonio

O 48 horas para o si demostra esta noite que o amor é unha aposta para valentes, xa que un dos protagonistas desta edición é un escéptico total do matrimonio. Neste programa de emocións fortes, Iolanda Muíños recibirá no estudio a Vanesa, unha viguesa de 34 anos, moi botada para adiante e impulsiva, que toma a iniciativa de pedirlle en matrimonio á súa parella tras 5 anos de relación e dous fillos en común.

Roberto, militar e stripper de 32 anos, defínese, pola súa banda, como unha persoa de principios, que rexeita o matrimonio, do que di que é “unha pantomima”.

Coñecíanse de vista por Vigo porque os dous traballaban na noite e, a través da rede social Instagram, foi el quen deu o paso para quedar e empezar a saír. Vane, quen tras fixarse en Roberto pensou que era o home da súa vida, soña cunha voda por todo o alto, con moita pedrería e brillantes.

El, totalmente enganado, pensa que vai participar no concurso Que parellas!, consistente en demostrar que están moi compenetrados e que forman un tándem perfecto.

Para levar a cabo en 48 horas os preparativos da petición de man e a posible celebración de voda, Vanesa contará coa axuda de tres cómplices: Fátima e Javi, dous bos amigos, e a súa irmá Ana. Amais, Alba, estilista da Coruña, e Rubén e Fer, dous organizadores de vodas coruñeses asentados en Marín, tamén contribuirán a facer realidade o soño de Vanesa.

Ela arriscarao todo para conseguir o ansiado ‘si, quero’, pero, cal será a reacción de Roberto? A resposta, esta noite, nunha nova entrega do programa 48 horas para o si, con Iolanda Muíños como mestra de cerimonias.

Pola súa banda, a serie documental O compás do tempo segue hoxe na G2,a segunda canle autonómica de Galicia, as pegadas de Xulio César á súa chegada a Hispania, no ano 70 a.C., como maxistrado e xestor económico, e o seu percorrido posterior tamén a Galicia.

10 ene 2022 / 18:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.