Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Quinta edición do ‘OurenRock Sound’ en Ribadavia a favor de Cruz Vermella Ourense

Ourense. R. Bermúdez

O auditorio do Castelo de Ribadavia acollerá o vindeiro 23 de agosto a quinta edición do festival OurenRock Sound. Así confirmouno onte o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o director do festival, Rubén Álvarez; e o presidente de Cruz Vermella Ourense, Felipe Ferreiro.

Considerado por Baltar “un referente musical dos festivais galegos”, nesta edición tan especial, por mor da pandemia, se celebrará en Ribadavia con todas as medidas hixiénico-sanitarias e cun cartel de artistas excelente: Xoel López, Sés, e Os amigos dos Músicos, que farán dela “unha cita inesquecible que, ademáis ten un importante compoñente social debido a que a recadación irá destinada integramente a Cruz Vermella Ourense”.

29 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito