Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

través do teatro

É moi lenta a reconversión dunha peza teatral en texto escrito, como é o caso de Nana para un soldado, de Pepablo Patinho Penya, que tardou nove anos en publicarse en libro desde que en 2011 se representou no Auditorio Municipal de Narón.

A peza, publicada por Edicións Embora, convértese así nun recurso que permite recuperar o teatro lido, práctica educativa moi rendible. Ilustrada por Nuria Díaz, está arquitecturada en tres partes na que que falan catro voces: Primeiro soldado, Muller, Aurora, Voz e Segundo soldado. As catro voce percorren os cambios que un espazo rural sofre a consecuencia das bombas, da guerra que se instala “nos corazóns atrincheirados e nas mentes con metralla” como lle explicou PePablo a María Canosa, autora da introdución na que presenta a este actor e o define pola súa alegría, humor e reflexión, mesmo nesta obra na que se chora e se ri, coma ocorre na vida, sen que falte a esperanza.

blanca.roig@usc.es

28 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito