Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Videoxogos, apostas e adicións na xuventude galega, a estudo na USC

Santiago. A USC e a Fundación Barrié desenvolverán o estudo Videoxogos, apostas e adicións sen substancia entre mozos e adolescentes galegos: análise da situación actual e claves para a prevención coa finalidade de obter un mellor coñecemento desta incipiente problemática e identificar as claves para poñer en marcha as accións preventivas adecuadas e adaptadas á realidade existente. O traballo realizarase de outubro a marzo de 2022 entre 10.000 persoas con idades comprendidas entre os 12 e 20 anos que estean cursando estudos de ESO, FP ou Bacharelato en centros públicos, privados ou concertados da comunidade galega. Este é o traballo empírico de maior envergadura realizado en Galicia ata a actualidade sobre este tema.

O estudo estará liderado polo profesor na Facultade de Psicoloxía da USC, Antonio Rial, director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario (USC-PSICOM, grupo de referencia en España neste eido). ECG

22 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.