Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

respectuoso co medio

Hai 120 expositores, con ‘food trucks’, postos de comida, música, debates e ‘showcookings’

A aposta por eliminar ou reducir o consumo de carne, ovos, lácteos ou peixe, foi conquistando a unha boa parte da sociedade que tamén quere levar unha alimentación saudable, e sobretodo, fomentar unha industria que sexa sostible e respectuosa cos animais e co planeta. Parte desta industria forma parte da Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia, que deu o pistoletazo de saída este sábado no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) ofrecendo máis de 120 expositores e cunha acollida de 5000 persoas que acudiron a esta cita. Esta iniciativa, ademais de ofrecer aos asistentes degustacións gratuitas, tamén permiten aportar oportunidades para dar a coñecer os seus produtos máis novos. Esta iniciativa permanece aberta durante toda a fin de semana de xeito ininterrompido desde as 10 da mañá ata a tarde, as 20 horas.

Dentro dunha ampla oferta, podense atopar moitosprodutos diversos onde a confección a elaboración parte da base da sustentabilidade, e da ausencia de materiais procedentes de animais, así como derivados de este.

Deste xeito, a feira inclúe Food trucks, postos de comida e repostería, casetas de alimentación, bebida, moda, calzado, cosmética, artesanía e todo tipo de servizos sostibles e veganos. Así mesmo, haberá actividades dirixidas tanto ao público máis miúdo como ao adulto que completarán a primeira feira deste tipo en Galicia.

A programación infantil inclúe obradoiros de agroecoloxía, macetohortos, cociña fácil para público miúdo, contacontos e mesmo clases de Ioga. Todo iso da man da profesora e educadora ambiental Mery Ocaña; a cooperativa para fomentar a sostibilidade no territorio SomosTerra e as súas socias Raquel e Diana; a Asociación por unha Educación Sostible, Vegana e Ecolóxica Esveco; Susana Soto, membro de Galgos 112 Galicia; a tenda de xoguetes de crianza respectuosa Patapum.

Pola súa banda, a programación dedicada ao público adulto abranguerá desde charlas, debates, showcookings, música en directo e mesmo un bingo solidario promovido polo creador de Guakame Street Food, o coñecido Jonan Wiergo.

Ao longo desta fin de semana entrar no IFEVI significará acceder a un espazo repleto de alternativas respectuosas co medio ambiente e con todos os animais. Un espazo que demostre que outro tipo de consumo é posible. É por este motivo que desde Vegana 2021, comprométense a ser un punto de econtro para todo tipo de persoas curiosas, así como comprometidas coa sostibilidade medioambiental e o mundo animal.

Así, aínda que se trata de un evento principalmente gastronómico onde se darán a probar ao público novas alternativas alimenticias sen ingredientes de orixe animal, nas casetas expositoras tamén haberá sitio para outros tipos de produto alternativos. Ademáis, dentro da liña que mantén a feira, haberá espazo para asociacións, santuarios de animais, e refuxios, para que estes poidan amosar a necesidade e importancia destes traballos.

Durante a inauguración, Ana M.ª Mejías, concelleira de I+D e Dinamización Administrativa do Concello de Vigo,salientou a aposta da feira por propiciar un consumo máis sostible. Así mesmo, subliñou a necesidade de facer un uso correcto e eficiente dos recursos naturais para camiñar cara a un desenvolvemento sostible a nivel económico, social e ambiental.

Por último, as sesións vermú desta fin de semana estarán amenizadas pola cantautora Sandra Barreiro.

O broche final será posto por Jonan Wiergo, fundador de Wakame Street Food, que celebrará o bingo solidario en favor do Santuario Vacaloura.

Toda a información sobre a programación, empresas expositoras e adquisición de entradas (que son gratuítas para diversos colectivos e de 5 euros na billeteira para o público xeral), está dispoñible na web www.vegana.gal. Poderanse asquirir tamén as entradas no propio recinto, cun custe de 5 euros para un só día.

As persoas maiores de 65 anos, os menores de 12 , así as personas en situación de desemprego e de diversidade funcional, poderán acceder de forma gratuita. A Feira Vegana e Sostible de Galicia busca así crear un espazo común e concienciar á poboación sobre o movemento vegano, eliminar certos tabús que rodean a este estilo de vida.

pedagoxía e medio ambiente
Xornada de domingo
23 oct 2021 / 19:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.