Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vivencias de Úrsula Heinze en ‘Flashes’

A escritora xermano-galega presenta hoxe o seu último libro no compostelán pazo de San Roque

A escritora xermano-galega Úrsula Heinze presenta hoxe o seu último libro, Flashes, no compostelán pazo de San Roque, as 20.00 horas. No acto participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o profesor, escritor e investigador Armando Requeixo.

Flashes é un conxunto de relatos a xeito de instantáneas que segundo comenta a propia autora “quizais provoquen risa, reflexión ou algún choro. Pode que alguén vivise algún incidente parecido ós que vai ler. Son vivencias verdadeiras, escritas coa liberdade literaria que nalgúns casos era precisa. Os flashes iluminan distintas épocas do mundo e describen ambientes e persoas que me compañaron ou que aínda hoxe están ao meu carón”.

Polos textos desfilan momentos da vida persoal e profesional desta autora, anécdotas e incluso persoeiros coñecidos, como é o caso do escritor Camilo José Cela: “Fomos convidados a unha cea nun hotel da costa atlántica por don Camilo José Cela. Compartimos mesa e mantel con algunha persoas máis. Foi unha reunión amena.

Don Camilo, coñecido polas súas sentenzas provocadoras, soltou:

-Se teño que elixir entre mulleres fermosas ou intelixentes, escollo as fermosas. para intelixencia xa estou eu” (páx 19). Este é un exemplo do que nos podemos atopar nesta nova entrega de Úrsula Heinze de Lorenzo.

Son pequenos relatos que constituen eles sós unha historia, breve pero coa que podemos facer algunha reflexión. Este libro describise como ameno, divertido, de moi fácil lectura, sorprendendo e enganchando dende o primero flash.

Úrsula Heinze de Lorenzo naceu na cidade alemá de Coloña, licenciouse en Filoloxía Inglesa e Alemá, foi catedrática de Ensino Medio no seu país natal e reside desde 1968 en Santiago de Compostela. É autora de novelas, ensaios, relatos, literatura infantil e xuvenil e poesía tanto en galego como en alemán. Tamén traduciu autores alemáns ó galego e a ó castelán, parte dese traballo publicouse en dous libros.

É unha das fundadoras do Pen Clube Galego, do que foi presidenta, tamén do Pen Centro Alemán. Foi membro do Patronato da Fundación Rosalía de Castro.

15 jul 2020 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.