Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve ‘O galego campa!’ con novas de educación emocional da mocidade

PLAN lingüísticO. Os campamentos de verán da Xunta volven acoller o programa de dinamización lingüística O galego campa!, tras o parón do ano pasado, con novas propostas coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado buscan incidir na expresión persoal e na educación emocional da mocidade. As actividades chegarán a un total de 872 mozos e mozas, entre usuarios e monitorado, de estadía en ata 13 instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social.

Así o anunciaron onte pola tarde no Campamento Xuvenil Espiñeira o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel. “Presentamos a novena edición do programa, que este ano é sensible á complicada situación emocional que as restricións á mobilidade, á relación e á proximidade social derivadas da actual situación sanitaria xeraron entre a mocidade”, explicou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen recordou que “un dos compromisos da Xunta de Galicia é o de dinamizar o uso do galego na mocidade e ofrecer espazos e ámbitos de uso de interese para a xente nova. ecg

04 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.