Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volven as `Cantigas de Santa María´, en textos de Cunqueiro

É unha escolma de 22 pezas realizadas en 1980 polo escritor e que recupera a Editorial Galaxia

Trátase dunha escolma de 22 textos realizada en 1980 por Álvaro Cunqueiro e que agora recupera a Editorial Galaxia co apoio da Consellería de Cultura no marco da conmemoración do 800 aniversario do nacemento de Afonso X O Sabio. O fascímil, a escolma selecciona aquelas cantigas que, pola súa temática, personaxes, situación ou referencias lingüísticas, interesan máis aos lectores e lectoras galegos.

Desta forma, no acto de presentación realizado onte polo secretario de política lingüística Valentín García, no Pazo de San Roque, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade expresou a súa satisfacción por reunir “unha vez máis o xenio de dous grandes poetas en lingua galega, un medieval e outro contemporáneo, Afonso X e Álvaro Cunqueiro, quen soubo comprender coma ninguén o tesouro que eran as Cantigas de Santa María”. Neste sentido, Valentín García sinalou que os textos marianos do Rei Sabio “colocan a Galicia e a súa lingua no cume da cultura medieval europea” e que os galegos de hoxe “non sempre somos conscientes do magnífico tesouro que, desde o punto de vista literario, pero tamén musical ou plástico, nos legou o monarca cuxo 800 aniversario celebramos neste 2021.

O volume, que está dedicado “á memoria do rei-poeta” e publicado no seu día con afán de divulgar entre o gran público a súa obra, reedítaseagora co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con motivo do 800 aniversario do nacemento d o rei Afonso X O Sabio. No marco desta conmemoración, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades prepara tamén unha recompilación de estudos sobre o rei poeta que verá a luz nas vindeiras semanas.

30 jun 2021 / 19:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.