Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xa están postas á venda as entradas para bandas de primeiro nivel en Bueu

Na cita de agosto
con Rayden, Balkan Paradise Orchestra
e García Mc Quen

Santiago. O festival SonRías Baixas activa xa a venda de entradas para a nova edición do festival, que se celebrará o 4, 5 e 6 de agosto en Bueu.

Kase.O Jazz Magnetism, Rayden, Arnau Griso, Balkan Paradise Orchestra, Buhos e García Mc & Nación Quilombo son as primeiras bandas confirmadas para a cita, que regresará en formato de grande festival na primeira fin de semana de agosto

SonRías ten un número limitado de abonos a un prezo de 45 euros, que se poderán adquirir a partir das 12.00 horas a través de www.sonriasbaixas.info.

O público poderá adquirir o seu abono, válido para as tres xornadas de concertos, por 45 euros (máis gastos de xestión). Este será o prezo exclusivo dun número limitado de billetes que SonRías porá á venda co gallgo do lanzamento do cartel.

Todas as persoas que manteñen a súa entrada do SonRías Baixas 2020 para poder gozar desta edición poderán facelo: tal e como a organización comunicou desde o primeiro momento da suspensión da 18ª edición, os abonos son válidos para a seguinte edición do festival en grande formato, como é o caso da que se celebrará os próximos 4, 5 e 6 de agosto.

Para calquera dúbida que poida xurdir sobre as entradas, a organización dispón dun correo electrónico de contacto no que atende ditas consultas: festival@sonriasbaixas.info.

Esta cita organizado pola promotora local PlayPlan, terá lugar a primeira fin de semana de agosto.

Entre o cartel destacan, como cabezas de cartel, o mítico cantante de hip hop Kase.O, que regresa a Bueu cun novo repertorio e acompañado da súa banda Jazz Magnetism, o rapeiro Rayden, quen dará a coñecer o seu novo álbum, Homónimo, e o dúo Arnau Griso, que presentará o seu último disco Enric Blanch na que será a derradeira actuación do grupo en Galicia antes da súa disolución, no marco da súa despddida.

A estas confirmacións súmanse tamén outras dúas bandas catalás: a enérxica e rompedora Balkan Paradise Orchestra e Buhos. No adianto do cartel está tamén galego García Mc Quen, coa banda Nación Quilombo, encherá de ritmo a noite en Bueu e dará a coñecer o seu novo traballo discográfico, Arquipélago Quilombo. redacción

10 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.