Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xogos, cantigas e outras verdades non reveladas

    Ocórreseme este título logo do “exilio” por así dicilo e mesmo escribilo do “rei emérito” de cuxo asunto saben vostedes tanto ou moito máis ca min. Se for vivo e vixente Álvaro Cunqueiro, teño por seguro que escribiría un “soneto” longo e libre de tercetos e cuartetos ad hoc, case ata o incerto, loubando, tal vez tamén, ao xeito de Cavalcanti, ao exrei de España Juan Carlos I de Borbón, que fica en entredito por negocios e agasallos millonarios, entre outros á dama Corinna e, a saber... Uns contan o sucedido dunha maneira e outros cóntano doutra, con requilorios e requintes. En que libro poemario escribiría Cunqueiro este poema? Pois deixo a súa elección o título, e suxiro este A verdade non revelada.

    Cando un era un meniño, polos maiores, mulleres e homes, con diferencias abismais de por parte da sociedade (o machismo aínda existe), oía cantar ao xeito de regueifas de feira, con tódolos respectos, en castelán, cuidado Juan que por ahí te andan buscando, son muchos hombres no te vayan a matar. Sáquese de ahí mi padre, no se meta en la cuestión, no vaya a ser que me afere y le atraviese el corazón. Hijo de malas entrañas, hijo de mal corazón, por lo que acabas de hablar la vida te han de quitar. No tuvo tiempo de montar en su caballo, cuando una bala le atravesó el corazón...” Lean estoutra letra: “A un pobre rey sevillano siete hijos le dio Dios, y tuvo la mala suerte que ninguno fue varón”.

    Onde vai ir don Juan Carlos, rey emérito? Pois parece que todo apunta que á República Dominicana; tamén se falou de Villa Giralda, alá en Estoril, República de Portugal, onde estivo “exiliado” daquela maneira, o avó de Felipe VI. Dona Sofía, seica fica eiquí polo de agora, e xa está nas illas Baleares, no Pazo de Marivent, onde vai pasar as vacacións a ‘Familia Real’. Non lle sei nada máis, nin podo asegurar que o que un conta sexa toda a verdade (nas Mariñas betanceiras, en troques de sexa, din seña).

    Recórdolles outra cantiga do mesmo ton cás outras: Estando la coronela a las puertas del cuartel, esperando que saliera el teniente coronel, sale el coronel y dice: coronela, que hace usted?. Esperando a mi marido que hace tiempo no sé de él... Ese señor que usted dice le mataron hace un mes a la salida de Francia y a las puertas del cuartel...”.

    Reviravoltas, circunloquios, xente revesgada, charlatáns de feira, rexentes de abano; revogadores, coplas de cego; trinta e tantos graos de temperatura para un verán que non remite con nada, e seica o Deportivo da Coruña xogou “contra” ou “fronte” o Fuenlabrada, 2-1 a favor do Dépor. Se queren que lles diga, a un dalle pena que don Juan Carlos I de Borbón, vaia ao exilio. Pero é nada máis que no fondo, señoras e señores.

    P.S. Seica don Juan Carlos xa saíu de Vigo nun voo directo a Abu Dabi, dos Emiratos Árabes. Será destino da fin? Eu creo que non. E non será máis que unha lilaila entre Estoril e a República Dominicana? Quen sabe!

    17 ago 2020 / 00:09
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito