Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xosé Manuel Piñeiro leva este espazo da TVG que mistura música, entrevistas e concursos

Bamboleo contará esta noite na TVG coa presenza dunha grande artista canaria, finalista e gañadora de varios programas de talentos de distintos países e de sona mundial, en que asombrou a todos coa súa poderosa voz: Cristina Ramos. No seu primeiro traballo discográfico, titulado Superstar, Cristina amosa a súa versatilidade mesturando estilos tan dispares como o rock e a ópera, cun resultado espectacular.

Ademais de cantar, Cristina xogará e será partícipe do espectáculo deste sábado xunto con Xosé Manuel Piñeiro e os colaboradores: Tamara Pérez, Claudio Pan e Isi.

O artista galego Brais Morán tamén estará no programa presentando o seu último sinxelo, Disque ao soul, un tema que vai máis aló do funk; con influencias de country, música brasileira, música tradicional galega e moito máis.

Os ritmos máis bailables chegarán coas actuacións musicais do Grupo Beatriz, unha formación asturiana que ten no acordeón o seu sinal de identidade. O baile urbano será o protagonista no Dirtidansi desta noite, coas exhibicións dunha parella de campioas galegas: Nerea e Elvira. Os participantes do Agora ou Nunca serán Micaela Toledano e Francisco Barrio, que cantarán, respectivamente, os temas You know I am no good, de Amy Winehouse, e Música do gago, de Rubén Aguiar. Na Jrileira, o karaoke para entidades deportivas, participarán Fran, polo Club Deportivo Nantón, de Cabana de Bergantiños, e Oliva, pola Escola de Tenis Justo al Revés, de Fene. Tocaralles cantar 80 veces, de Rozalén, e a continuación, acertar intérpretes de cancións.

17 abr 2021 / 12:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.