Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Youtubeiras celebra nova edición e busca ampliar a comunidade creadora

Os premios repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías distintas

    Santiago. Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de once concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, chega neste 2022 á súa sexta edición co obxectivo de ensanchar a comunidade creadora. Para acadar esta meta, recuperarase a presencialidade no encontro creativo e nas xornadas en centros educativos ao tempo que se reestruturarán as categorías dos Premios Youtubeiras.

    “Nos últimos cinco anos, o Proxecto Youtubeiras impulsou unha comunidade creadora na Rede en galego que non deixou de medrar ao abeiro dunha iniciativa que é xa unha realidade consolidada grazas ao compromiso de todas as institucións participantes, que amosan unha implicación inequívoca co idioma, coas novas linguaxes dixitais e cos novos camiños que se abren para a nosa lingua”, sinalou Socorro García Conde, como representante do proxecto Youtubeiras, nunha rolda de prensa celebrada este mércores en Santiago de Compostela, e na que tamén participaron María López, Concelleira de Lingua e Mocidade do Concello de Teo e de Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela. REDACCIÓN

    02 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito