ALIMENTACIÓN

A Estrada pon en valor os produtos agroalimentarios locais na segunda feira multisectorial de San Xorxe

José Balseiros subliña a importancia destas citas para dinamizar o rural

A iniciativa enmarcase no programa das festas parroquiais

Gonzalo Louzao, segundo esquerda, e José Balseiros, terceiro na feira estradense

Gonzalo Louzao, segundo esquerda, e José Balseiros, terceiro na feira estradense / Xunta

Redacción

A sidra, o mel e o leite, entre outros, foron exaltados este domingo na II Feira Multisectorial de Produtos Agroalimentarios da Estrada, enmarcada no programa de actos das festas parroquiais de San Xorxe.

Ata a capital estradense desprazouse o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, quen, na compaña do alcalde, Gonzalo Louzao, visitou os expositores que participaron na feira. Salientou a importancia deste tipo de certames como elementos de dinamización do rural e reafirmou o apoio da Xunta de Galicia á comercialización da produción agroalimentaria galega a través de eventos de proximidade como esta feira de San Xorxe.

Autoridades e expositores na Feira Multisectorial de Produtos Agroalimentarios da Estrada

Autoridades e expositores na Feira Multisectorial de Produtos Agroalimentarios da Estrada / Xunta

A feira estivo enmarcada nun amplo e variado programa de actividades festivas e relixiosas. A Banda de Música Municipal da Estrada encargouse dos pasarrúas pola mañá, mentres que o grupo de acordeóns Os Lóstregos ofreceron un concerto xunto con coros parroquiais e a cantante Marietta. Non faltaron tampouco a tradicional procesión e bendicións dos animais; o xantar popular, que xuntou a máis de oitocentas persoas; a quinta ruta cabalar; e as actuacións da orquestra Los Satélites e o dúo Azúcar Moreno.

TEMAS