Vimianzo e Carballo serán sedes das residencias artísticas Paraíso

A plataforma Vendaval Costa da Morte denuncia “prácticas abusivas” nos contratos que se están ofrecendo aos propietarios dos terreos nos que se proxecta construír o Parque Eólico Monte da Croa, en Vimianzo. E para informar ao respecto, o colectivo organizou, da man do Observatorio Eólico de Galicia, unha charla divulgativa na que participaron unhas trinta persoas afectadas.

O catedrático de Economía Xavier Simón, da Universidade de Vigo, explicou que o proxecto aínda non conta coa declaración de utilidade pública que permitiría iniciar procedementos de expropiación, polo que recomendou analizar as ofertas “con calma e non deixarse enganar”, subiñan dende a referida plataforma.

Tamén se informou aos asistentes sobre os prezos de alugueiro de terreos para este tipo de infraestruturas, e entregáronlles modelos de contrato tipo “con cláusulas xustas para ambas parte”. Sinalan que a mellor estratexia negociadora para os propiestarios é manter unha postura común, ao tempo que subliñaron que o apoio municipal resulta fundamental.

Dende a plataforma Vendaval Costa da Morte advirten ademais que a instalación do polígono eólico “afectará aos usos do territorio para sempre”.

O colectivo Residencias Paraíso seleccionou Vimianzo e Carballo como sedes do seu programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas.

A casa da cultura de Vimianzo estréase este ano como novo espazo colaborador. Alí, Sergio Marey levará a cabo unha residencia de creación para o seu proxecto Todo o mundo é contra min-eh, para a construción dunha peza performativa a partir do seu propio ensaio de investigación sobre o colectivo LGBTIQA+ na música tradicional galega, que foi publicado en 2023.

Sergio Marey propón unha reflexión sobre a importancia de mirar ao folclore galego desde unha perspectiva queer, reivindicando a nosa cultura popular como un espazo de liberdade.

Pola súa banda, o investigador cubano afincado en Madrid José Ramón Hernández / Osikán-vivero de creación mergullarase no proceso de creación titulado Eyilá ashé archivo vivo de resistencia no Pazo da Cultura de Carballo. Trátase dun proxecto de creación escénica que explora a espiritualidade como potencia política para a transformación social. Inspírase nos saberes subalternos das persoas afro, trans, racializadas e migrantes do sur global e os feminismo negros que se están producindo en España.

As residencias desenvolveranse entre abril e outubro de 2024.