Outes licita en máis de cen mil euros a humanización da rúa da Capela
O Plan Único da Deputación da Coruña financia unha nova fase das obras de humanización da rúa da Capela, en Outes. A administración local vén de publicar a licitación das obras cun orzamento de 103.438 euros. Os traballos darán continuidade ao proxecto de humanización iniciado nesta céntrica rúa, que dá acceso a servizos como o centro de sáude, creando e ampliando beirarrúas en ambas marxes, delimitadas con bordo de granito e con baldosa de formigón vibrado granallada, ofrecendo un espazo máis amplo e seguro para a circulación peonil. O proxecto inclúe tamén a renovación da capa de rodaxe da estrada, cunha superficie total de 150 m2, e dos aparcamentos, previa demolición do pavimento actual. Inclúese tamén a renovación de servizos, coa canalización subterránea de saneamento e abastecemento de auga, electricidade, telefonía e alumeado, así como a recollida de pluviais. Con cargo a este proxecto financiarase tamén obras de pavimentación de dous tramos de 400 e 185 metros do camiño da Grela, en Cando.
Temas
Más en Barbanza
-
A Deputación da Coruña financia a contratación de 339 persoas nos concellos rurais
-
Calcinado un vehículo en el aparcamiento de la playa de Cabío, en A Pobra
-
Dos detenidos en Rianxo por tráfico de drogas en un piso del centro de la capital municipal
-
Dos detenidos en Rianxo por tráfico de drogas en un piso del centro de la capital municipal