O proxecto Novemares pon en valor en Razo o variado patrimonio ligado ao litoral

Villares, esquerda, na xornada sobre os deportes do mar, en Razo

Villares, esquerda, na xornada sobre os deportes do mar, en Razo / CEDIDA

Redacción

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu no Náutico de Razo (Carballo) á primeira das xornadas sobre os deportes do mar que se celebran dentro da Iniciativa dos Foros Espazos Xeradores de Cultura do proxecto Novemares organizado pola Fundación Eduardo Pondal no seo do GALP.

Villares eloxiou a posta en valor do patrimonio cultural ligado ao litoral: dende a pesca á arquitectura, pasando pola gastronomía, as romarías, a literatura, o arte, a artesanía, o deporte ou a lingua.