Merca DelicaDeza porá en valor en Lalín o distintivo de Artesanía Alimentaria

Crespo e Carbacos, á esquerda, tras a presentación / XUNTA DE GALICIA

Crespo e Carbacos, á esquerda, tras a presentación / XUNTA DE GALICIA / redacción

Redacción

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou este xoves, xunto ao alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, na presentación de Merca DelicaDeza, o Mercado de Artesanía Alimentaria que terá lugar na capital do Deza os días 10, 11 e 12 de marzo.

Esta iniciativa, organizada pola Axencia en colaboración co Concello, ten como obxectivo dar a coñecer o distintivo de Artesanía Alimentaria e promocionar os produtos amparados, coincidindo co primeiro aniversario das normas técnicas de Artesanía Alimentaria para a elaboración de distintas propostas artesanais.

Segundo explicaron os organizadores da iniciativa, o mercado constará de 28 postos de venda ao público, onde as empresas participantes só poderán expoñer e vender produto certificado co distintivo de Artesanía Alimentaria.

Ademais, e para dinamizar a experiencia, contarase cun programa de actividades variado, que inclúe charlas técnicas e divulgativas, showcookings, obradoiros para todas as idades, concertos e tamén varios sorteos.

TEMAS