Catorce espectáculos van amenizar a Mostra de Teatro que se celebrará en Vedra
O ciclo Teatrofilia inclúe unha visita o un de abril aos xardíns do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
A XVIII Mostra de Teatro Amador de Vedra ofrecerá catorce funcións dende o dez de marzo ata o un de abril. O pano erguerase o venres ás 21.30 horas coa obra Camiños e carreiros, da Asociación Municipal de Teatro de Vedra.
O programa complétano Casa rural con encanto da AMT de Lalín (día 11); Desaquelando, de Teatro Pesadelo (día 17); Pirilampo, da Companhia de Teatro de Santo Tirso-Portugal (día 18); República sideral, de Teatro Airiños, de Rianxo (día 19); Salón Alfonsina, de Vicus Teatro, de Vigo (día 24); Asfixia, de Vórtice Escénico Vigo (día 25); Rosalía, de Culturactiva (día 26); Encaixadas, de Teatrino, de Ourense (día 31); O poder da palabra, de Xs Papaventiñxs; Carta aos Reis, da Escola de Sarandón; e A pena do cu do mundo, de Carrachanacacha, de Narón (1 de abril).
O ciclo teatral complementarase cun obradoiro de danza africana, da man de Daniel Banze, de Mozambique, o día 19 de marzo, e coa visita teatralizada Benvido, Sr. Ilustrado! polos xardíns do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, a cargo de Andaravía Teatro, o un de abril.
Temas
Más en Área
-
Las Xornadas de Saúde Mental van a arrancar en Bertamiráns este viernes con 140 inscritos
-
La comarca de Deza se beneficiará con una nueva ambulancia de soporte avanzado este verano
-
Cae parte de un roble de nuevo en la carballeira de Santa Minia de Brión, obligando a cerrar el espacio
-
La reforma del consistorio de Ribeira destapa la falta de columnas y vigas en el aprovechamiento bajo cubierta