Catro obras para adultos nos Domingos de Teatro postos en marcha en Melide
‘1888. Señorita Xulia’ abre o ciclo no centro sociocultural da vila o vindeiro 12 de marzo
O Concello de Melide pon en marcha o ciclo de Domingos de Teatro durante todo o mes de marzo e a primeira fin de semana do mes de abril. As representacións, enfocadas ao público adulto, terán lugar todos os domingos ás 19h no Centro Sociocultural Mingos de Pita. A Deputación da Coruña colabora na organización.
Abre o ciclo a Compañía Estudo Momento con 1888. Señorita Xulia, o 12 de marzo. Trátase dunha adaptación do clásico de August Strindberg de 1888 protagonizado por Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto. A obra reflexiona sobre a igualdade entre homes e mulleres, e entre distintas clases sociais. Presenta unha festa secreta na que a señorita Xulia, filla do conde, seduce a Xoán, o criado predilecto deste.
O 19 de marzo represéntase Alma de tigre, da Compañía Elefante Elegante. Esta obra evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas se filtran os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada. O domingo 26 de marzo a Compañía Malasombra Producións trae Bernarda. Trátase dunha historia que reflicte o eterno choque xeracional, tan distinto segundo o lado en que un se atope.
E finalment, o 2 de abril péchase o ciclo dos Domingos de Teatro da man da Compañía Matrioshkas Teatro, que representa o seu Comando Comadres. Neste espectáculo en clave de humor, destinado a público adolescente e adulto, están un grupo de activistas organizadas en distintos comandos.
Temas
Más en Área
-
Permanece estable dentro de la gravedad el menor herido tras precipitarse desde un tejado en Dumbría
-
Aparece el cuerpo sin vida de un vecino de Rois tras la iglesia de Augasantas
-
Investigan a tres vecinos de Santiago por un hurto y un robo con violencia en una empresa de Valga
-
La orquesta Olympus actuará mañana en el Code Fest de Boqueixón