Ames ilumina o Concello de amarelo e súmase ó Día Mundial da Endometriose

Unha das fontes con alusións á enfermidade /concello de ames

Unha das fontes con alusións á enfermidade /concello de ames / redacción

Redacción

O Concello de Ames súmase ás conmemoracións polo Día Mundial da Endometriose, e en colaboración coa asociación querENDO, iluminou de amarelo durante a tarde-noite do martes 14 de marzo a fachada da súa casa consistorial. Estímase que unhas 60.000 persoas padecen endometriose en Galicia, unha enfermidade crónica e inflamatoria de causa descoñecida influída polo ciclo menstrual, e que pode provocar sangrado, trastornos intestinais, infertilidade e fortes dores. Convídase á veciñanza a subir fotos ás redes co hastag #stopENDOMETRIOSE ou #mulleresconendometriose. Para esta iniciativa, o Concello de Ames colabora con querENDO, unha asociación sen ánimo de lucro galega xurdida en 2015 que persegue contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa das persoas afectadas pola endometriose. O obxectivo é dar a coñecer a doenza, axudando ao diagnóstico precoz e evitando o deterioro da calidade de vida. A endometriose é unha enfermidade crónica e inflamatoria da capa que recubre o útero.