Síguenos en redes sociales:

Carballo, Laracha e a área urbana da Coruña estudan plans conxuntos

Carballo, Laracha e a área urbana da Coruña estudan plans conxuntosConcello de Laracha

Os alcaldes da Laracha, Arteixo, Carballo e Culleredo, e o director de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña xuntáronse na capital larachesa para crear unha mesa técnica de traballo para acordar cuestións transversais e avanzar na cooperación e búsqueda de respostas a problemas compartidos por esta área metropolitana.

A xuntanza serviu para concretar as liñas de acción conxunta, que se desenvolverán en torno a catro eixos: infraestruturas e mobilidade, industria, turismo e os servizos para as persoas dependentes.

Pulsa para ver más contenido para ti