Os actos vandálicos contra o mobiliario público preocupan en Silleda, que endurecerá os controis
O Concello de Silleda intensificará a vixilancia policial ante os últimos e graves feitos acontecidos ao longo desta semana. Segundo explican os responsables municipais, na madrugada do venres os bombeiros do parque intercomarcal tiveron que acudir á rúa María Colmeiro alertados polo incendio provocado nun dos colectores de lixo.
Con este son xa catro os incendios provocados noutros tantos colectores na vila en menos dunha semana, un feito cando menos preocupante. Estos incidentes producíronse na zona de Barrio do Campo, no entorno da rúa Cartaxena, e agora en María Colmeiro, onde tamén na mañá deste venres acudían operarios municipais alertados pola veciñanza de desperfectos no mobiliario público (con macetas tiradas, entre outros).
Á vista dos feitos, a vixilancia policial intensificarase nos vindeiros días. Tamén se apela, como noutras ocasións, á colaboración cidadá para poder identificar á persoa ou persoas autoras destes delitos contra o mobiliario público, que por fortuna só afectaron a bens materiais.
Temas
Más en Área
-
Muere un operario de 47 años al caerle encima un muro de una casa en Ponteceso
-
Oroso se prepara para tres días de exaltación truchera con el pregón de los alumnos de su instituto
-
Ames crea espacios culturales en O Milladoiro y ya tramita el tercer Plan Único más alto en la comarca
-
Eligen al orosano Diego Conde nuevo miembro de la Academia de Veterinaria de Galicia