Síguenos en redes sociales:

Dumbría acollerá 4.000 deportistas

Dumbría acollerá 4.000 deportistas

En Dumbría entenden o deporte como algo máis que saúde e competición, e convertírono nun motor de desenvolvemento económico para a Costa da Morte. Este ano prevén recibir a máis de 4.000 deportistas en diferentes eventos de carácter autonómico, nacional e internacional.

Unhas probas que, segundo os estudos económicos do Concello e as federacións deportivas implicadas, terán “un impacto económico na comarca de 1 millón de euros”, xa que estiman que a cifra de competidores multiplicarase por tres, o que significa que cheguen á Costa da Morte “máis de 12.000 persoas que, ademais, en moitas das competicións programadas, prolongarán a súa estadía na comarca durante varios días”, afirman.

Pulsa para ver más contenido para ti