Zas abrirá o 14 de abril o seu primeiro ximnasio municipal

Unha das salas do primeiro ximnasio municipal de Zas, que se inaugurará o 14 de abril.

Unha das salas do primeiro ximnasio municipal de Zas, que se inaugurará o 14 de abril. / Concello de Zas

Redacción

O Concello de Zas abrirá o 14 de abril o seu primeiro ximnasio municipal. Os futuros usuarios xa poden, dende este luns día 27, inscribirse para o uso das instalacións a través da web www.concellodezas.org. Será gratuíto ata o 30 de xuño e está equipado con dúas salas; unha de musculación e outra de cardio que en total suman uns 150 m2, así como vestiarios e aseos masculinos e femininos. As instalacións estarán abertas de luns a venres de 09.00 a 22.30 horas e os sábados de 10.00 a 14.30, e serán atendidas por un monitor.