Parcelas a pouco máis de 80 euros mensuais no polígono de Vimianzo
O Concello de Vimianzo e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), acordan novas facilidades para o asentamento de empresas no polígono vimiancés, aproveitando o novo plan de comercialización, que incorpora máis opcións para o acceso ao solo.
No caso de Vimianzo, supón que as parcelas que se ofertan en Dereito de Superficie, un réxime similar ao alugueiro con opción a compra, agora pódense reservar tamén como compra directa. Deste xeito, o empresariado pode elixir ou incluso compartir os dous modelos de adquisición, no caso de optar por instalarse nalgunha destas parcelas. Nun programa pioneiro lanzado en 2022 SEA estableceu un total de 40.000 metros cadrados en Dereito de Superficie, reservando neste réxime as parcelas de acceso ao parque e mellor situadas.
O prezo do alugueiro sitúase en pouco máis de 80 euros ao mes en boa parte das parcelas. Ademais, SEA tamén rebaixa o prezo do solo ao reducir o canon e igualalo ao custo de venda. Como exemplo, unha parcela de 1.000 euros terá un prezo en Dereito de Superficie de 1.022 euros o primeiro e o segundo ano (85 €/mes). En total, en Vimianzo hai máis de 100.000 metros cadrados a disposición do empresariado que busque “unha situación estratéxica”.
Temas
Más en Área
-
Ames declara la guerra a una polilla del boj que vuelve para arruinar los jardines de A Peregrina
-
Gusanos planos, babosas gigantes... Estas son las ocho especies marinas descubiertas en la ría de Arousa
-
Educación sustituirá la cubierta del CEIP Ortigueira de Vedra y en Santa Comba exigen plazos para la reforma integral del Barrié
-
Brión será sede del II Congreso Aberto de Toque Manual de Campás el próximo 15 de junio