Síguenos en redes sociales:

Amicos e Caldas retiran 26 quilos de lixo na senda verde do Umia

Amicos e Caldas retiran 26 quilos de lixo na senda verde do Umia

A asociación para a atención a persoas con dispacidade Amicos organizou este martes unha xornada para identificar e analizar os máis de 26 quilos de residuos retirados na contorna da senda verde do río Umia ó seu paso por Caldas de Reis. Nesta actividade participaron distintos actores da sociedade caldense, o Concello, a empresa Clavo Food Factory, escolares dos centros La Encarnación e o CPR San Fermín Padre Samascos. Esta acción esta enmarcada dentro do proxecto Dinamiza, que a asociación leva desenvolvendo dende comezos de ano. O obxectivo foi mostrar e concienciar da necesidade de protexer os ríos facendo unha boa xestión dos residuos. Na acción contouse coa participación de máis de 37 escolares dos colexios La Encarnación e CPR San Fermín Padre Samascos, 23 de Amicos e voluntarios e voluntarias. Juan Manuel Rey, rexedor de Caldas, amosouse encantado ca iniciativa: “Queremos apostar dun xeito decidido pola concienciación, na que esta poder manter espazos verdes no futuro”.

Pulsa para ver más contenido para ti