Autoridades e profesionais do turismo avogan dende Mazaricos pola diversificación da oferta

Concello de Mazaricos

Concello de Mazaricos

Redacción

A segunda Xornada de Turismo de Mazaricos puxo en contacto a axentes sociais, empresariais e institucionais do sector de toda Galicia co fin de analizar as fortalezas e oportunidades da Costa da Morte e de todo o territorio galego.

O vicepresidente da Deputación e responsable de Turismo, Xosé Regueira, asegurou que Costa da Morte “conta con moitísimas fortalezas á hora de estruturar un turismo de calidade”, e puxo como exemplo experiencias no ámbito cultural, científico e de natureza, así como a distinción como Destino Starlight.

Destacou tamén proxectos como a Senda do Xallas, Os Fogóns do Anllóns ou o Xallas-Pindo que, de ser aprobados, “reforzará a posibilidade de diversificar e pór en valor todas as potencialidades turísticas”.

No acto participaron tamén os presidentes do GDR Costa da Morte, do Clúster de Turismo de Galicia, Costa da Morte Asociación Turística, APTCM, o alcalde de Mazaricos, o xerente da Casa Grande de Xanceda e os bloggers Beatriz Sotelo e Alberto Ribas, entre outros.