Temos Terras de Santiago e Teo, e O ritmo dos soños de Caión, gañan o concurso Quero Cantar
Ocuparon os primeros postos nas categorías xuvenil e infantil do certamen da Deputación cuia gala celebrouse na Coruña
O grupo O ritmo dos soños de Caión e o dúo Temos terras de Santiago e Teo, gañaron o VI Concurso Quero Cantar, que organiza a Deputación, nas categorías infantil e xuvenil respectivamente. As formacións gañadoras coñeceron o fallo o domingo nunha gala que tivo lugar no Teatro Colón da Coruña e na que actuaron en directo as seis formacións finalistas ante un xurado formado por rapaces e rapazas das mesmas idades que as concursantes.
Á gala, que estivo conducida pola actriz e contadora, Soledad Felloza, tamén asistiu o deputado de Cultura, Xurxo Couto, cuxo departamento impulsa este concurso co obxecto de seguir promovendo e difundindo o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical entre o público máis novo. Como artistas convidadas, e mentres os xurados deliberaban, actuaron a banda Bonhomía e a solista Noelia Perpetuo, gañadoras da anterior edición.
O grupo gañador na categoría infantil, O ritmo dos soños, e unha formación que nace dentro do coro do CEIP de Caión co obxectivo de se presentar ao concurso Quero cantar. A banda está formada por alumnado de segundo, terceiro, quinto e sexto de primaira, máis o profesor de música do centro.
Nesta categoría levouse o segundo premio Os Termais, un grupo dun colexio de Cortegada, na comarca do Ribeiro. O terceiro foi para Guitarristas de Barouta. É o grupo de guitarra do CEIP Barouta (Ames) e está formado por alumnos e alumnas de Miguel Alonso. Foi nas súas aulas onde compuxeron a súa primeira canción, na que falan da inclusión no patio e nos xogos.
En canto a categoria xuvenil, o gañador, Temos Terras e un dúo formado por Alejandra Saavedra (guitarra e voz), de Teo, e Lucas Arango (piano e voz), de Santiago de Compostela, ambos cunha ampla formación musical desde a infancia. Xuntáronse como dúo no instituto
O segundo premio foi para Raquel Barreiro, unha moza de 16 anos de Ames que escribe as súas propias cancións. Estuda guitarra, canto e frauta traveseira. Xa participou no Quero Cantar, na categoría de primaria, en varias ocasións, e chegou á final coa banda As estrelas do rock.
Finalmente, o terceiro premio foi para Euterpe, formación na que participa alumnado de todos os niveis educativos do IES do Milladoiro (Ames) e que coordina o profesor Manolo Maseda. Presentáronse ao Quero Cantar cun tema que fala das e dos compoñentes da banda e das súas circunstancias vitais.
Indicar que os gañadores gravarán un videoclip nun estudio profesional e levanse 1.500 euros en productos culturais.
Temas
Más en Área
-
Ames crea espacios culturales en O Milladoiro y ya tramita el tercer Plan Único más alto en la comarca
-
Eligen al orosano Diego Conde nuevo miembro de la Academia de Veterinaria de Galicia
-
Sorpresa en las obras de reforma del consistorio de Ribeira: una planta sin columnas y un sótano sin ascensor
-
Llamamiento del Santuario Vacaloura de animales abandonados para acabar su ampliación en Arzúa