O ciclo audiovisual Mestre Mateo inclúe proxeccións en Boiro, Ames e Melide
O Ciclo Mestre Mateo regresa á provincia da Coruña e levará as proxeccións das longametraxes de ficción, animación e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos de Ames, Arteixo, Boiro, Cedeira e Melide. Deste xeito, a colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación da Coruña achegará o mellor do audiovisual galego recente ao público destas cinco localidades, das cales Ames, Arteixo e Boiro xa acolleron con éxito o ciclo na súa primeira edición. Os concellos participantes exhibirán entre maio e novembro unha programación que inclúe María Casares, a muller que viviu mil vidas, Unicorn Wars e O corpo aberto, recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo. Tamén se proxectará o documental A foreign song (César Souto, 2022) gañador dos premios á Mellor longametraxe e dirección española no Festival Internacional de Cine de Xixón.
Temas
Más en Área
-
Ames crea espacios culturales en O Milladoiro y ya tramita el tercer Plan Único más alto en la comarca
-
Eligen al orosano Diego Conde nuevo miembro de la Academia de Veterinaria de Galicia
-
Sorpresa en las obras de reforma del consistorio de Ribeira: una planta sin columnas y un sótano sin ascensor
-
Llamamiento del Santuario Vacaloura de animales abandonados para acabar su ampliación en Arzúa