Ames xestionará a auga directamente mediante sociedade mercantil local
O pleno amesán debaterá sobre o cambio da forma de xestión do servizo público do Ciclo Integral da Auga, no pleno deste xoves (20.30 horas). Na sesión ordinaria do mes de xuño, a Corporación acordara iniciar expediente para a determinación do modelo de xestión do servizo público do Ciclo integral da Auga (CIA) do Concello de Ames, e para tal fin creouse unha comisión de estudo que acordou na súa primeira sesión contratar o asesoramento necesario para determinar cal é a forma máis sostible e eficiente de prestación do servizo CIA. Tras ese estudo concluiuse que a forma de xestión máis sostible e eficiente é a xestión directa a través dunha sociedade mercantil local (SML) ou entidade pública empresarial local. Por iso, o executivo municipal optou pola xestión a través de EPEL por ser esta a forma proposta no seu día polo técnico municipal vinculado ao CIA e por considerar que é a forma de xestión máis conveniente ao interese público municipal. Esta entidade terá que ser constituída polo mesmo pleno amesán.
Temas
Más en Área
-
Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín tras ingresarlos un vecino
-
O día 3 será o xuízo pola multa a un rianxeiro que esixiu ser atendido en galego no centro médico
-
María Rivas supervisa varias actuaciones de Costas del Estado en Boiro
-
La demolición del dique de Neixón permitirá recircular las corrientes en la ensenada de Taragoña