Síguenos en redes sociales:

Amicos e escolares de Padrón retiran 54 kilos de plásticos, vidro, papel e cabichas no río Sar

Amicos e escolares de Padrón retiran 54 kilos de plásticos, vidro, papel e cabichas no río Sar

La asociación Amicos organizou unha nova acción de sensibilización medioambiental con escolares do concello de Padrón. A xornada arrincou desde as inmediacións do campo municipal de o Souto e transcorreu pola senda verde do Río Sar. Esta acción contou co apoio do Concello de Padrón. O obxectivo da xornada foi concienciar á cidadanía, pero en especial ás novas xeracións da importancia de coidar do medioambiente, en concreto a importancia de manter limpas as contornas dos ríos.

Na acción participaron67 alumnos do CEIP Rosalía de Castro e 43 do CEIP Flavia. Grazas ao gran número de participantes puidéronse recoller e analizar os máis de 54 quilos de residuos retirados da contorna do río, durante a xornada. En total lograron recoller 46,5 kg de plásticos, 5 kg de vidro, 2 kg de papel e 473 cabichas.

Desde o consistorio o seu alcalde Antonio Fernández enmarcou esta actuación na “aposta do Concello pola sensibilización ambiental desde as idades máis temperás.

Pulsa para ver más contenido para ti