Gómez Besteiro solicítalle á Xunta que remate a autovía de Costa da Morte alongándoa ata Berdoias
Advertiu ao PP que antes de vir solicitar o apoio nestas comarcas debe “pedir perdón” // Visitou Muxía, Cee, Dumbría e Muros
O socialista José Ramón Gómez Besteiro, actual delegado do Goberno en Galicia, durante a súa visita a Muxía emprazou ao PP a que “antes de vir pedir os votos, veñan pedir perdón polo abandono no que están deixando esta comarca en infraestruturas e servizos”.
Deste modo, aludiu ao remate da autovía da Costa da Morte, que aínda ten pendente o tramo Baio – Berdoias “polo desleixo do goberno galego logo de que o PP lle perdoara á empresa adxudicataria a execución dos últimos 15 quilómetros no ano 2013”.
Tamén lamentou a “vergoña que sente o PP polos seus candidatos e a pouca confianza na intelixencia dos cidadáns”, logo de que Rueda sinalase que está “preocupado se nestas eleccións se elixe a Sánchez ou non”. Dixo que “ao final os veciños saben o que queren votar, e o que queren saber é se van ter servizos próximos, asistencia á dependencia, boas infraestruturas, luz, vivenda e se vai chegar ben a auga á casa”.
Referiuse así ao “pacto da vergonza” entre PP e concelleiros non adscritos de Muxía, que impediron a constitución do último pleno municipal, no que se ía aprobar un investimento de 250.000 € para a mellora do abastecemento de Suxo.
O alcalde e candidato socialista á reelección, Iago Toba, indicou que a cidadanía está “indignada” pola actitude do PP xunto aos non adscritos, que “renuncian a representar aos veciños e veciñas e facer a súa función”.
Gómez Besteiro reuniuse, ademais, cos canditados socialistas de Cee, Margarita Lamela, e de Dumbría, Rául González. Pola tarde desprazouse a Muros onde deu un paseo na compaña da aspirante á alcaldía polo PSOE, Caridad González.
Temas
Más en Área
-
O goberno fisterrán cualifica de “irregular” o contrato do arquitecto local dende 2018
-
Consternación en Teo y Santiago por el fallecimiento de Miguel Dios Montoto tras ahogarse en el río de Santa Lucía
-
Herido grave un joven de 15 años en Dumbría que cayó de un tejado al que subió para recoger una pelota
-
Bela Fisterra estreará no Festival de Cans un videoclip de homenaxe a Kepa Junquera