A Xunta construirá en Noia un novo centro de saúde que duplicará a superficie do actual
Na zona do PAC ampliaranse a área de consultas e a sala de observación, e integrarase dentro deste edificio a base da ambulancia do 061
O Consello da Xunta aprobou este venres a cesión dun terreo por parte do Concello de Noia para construír un novo centro de saúde en San Lázaro que, con 4.200 m2, duplicará a superficie do actual. Terá 4 salas de técnicas (3 máis que as actuais) para ecografías, espirometrías, retinografías, electrocardiogramas ou cirurxía menor, e consultas de hixienista dental e odontoloxía; ampliarase a área pediátrica cunha sala de observación de dous postos; e na zona do PAC ampliaranse a área de consultas e a sala de observación, e integrarase dentro deste edificio a base da ambulancia do 061.
Asimesmo, o Consello da Xunta autorizou o convenio co Concello de Lousame para construír unha rede de saneamento e unha depuradora cun investimento de 1,1 millóns de euros. Augas de Galicia aportará 887.000 € e o Concello 221.000 €. Dará servizo a Devesa, Silva, Berrimes, Quintáns e Costa.
Temas
Más en Área
-
La Asociación de Mujeres Rurales de Val do Dubra reúne a 200 socias en su fiesta anual
-
A Estrada pon en valor os produtos agroalimentarios locais na segunda feira multisectorial de San Xorxe
-
Sofía Shizuko y Waydn unen su talento en un nuevo single titulado ‘como yo te quiero’
-
La residencia de Amicos pasará de 37 a 62 plazas y ofrecerá atención multidisciplinar personalizada