Síguenos en redes sociales:

Corcubión recorrerá a fondos europeos co fin de executar a reforma integral da praza de Castelao

O proxecto foi elaborado polo estudo de arquitectura Creus e Carrasco

Corcubión recorrerá a fondos europeos co fin de executar a reforma integral da praza de CastelaoCreus e Carrasco

O Concello de Corcubión formalizou esta semana ante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a solicitude de fondos europeos para poder acometer unha reforma integral da céntrica praza de Castelao, ao abeiro do Programa de mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico con uso turístico.

O proxecto foi elaborado polo estudo de arquitectura Creus e Carrasco, e contempla a creación de novas zonas verdes e a humanización do centro do casco histórico da capital corcubionesa, declarado como Ben de Interese Cultural (BIC).

Segundo informan dende o goberno municipal, as actuacións contempladas requerirán dun investimento de 1,7 millóns de euros. O proxecto prevé actuar sobre unha superficie de 14.392 metros cadrados. Aínda que as melloras previstas centraranse na praza de Castelao, a iniciativa contempla tamén actuacións que se estenderán ata o Cárcere Vello, ubicado na zona portuaria, e na praza José Carrera, onde está a casa consistorial.

Pulsa para ver más contenido para ti